A TODO RALLY! – PGM 5

Share this video:
A TODO RALLY! – PGM 5
20:14
0
Ata aquí chegou a nosa andaina en TVG. Estabamos tremendamente animados con como estaban a saír as cousas neste arranque de tempada de A TODO RALLY! Catro programas, moita repercusión e felicitacións polo esforzo realizado, pero desgraciadamente a FGA non quere que sigamos. A Federación demostra o seu enorme interese pola difusión deste deporte prohibindo á TVG vía burofax a emisión de imaxes do Campionato Galego de Rallyes, en virtude dunha suposta cesión de dereitos en exclusiva a unha produtora que nos comunican despois de dous rallyes disputados nesta tempada 2016 e tendo xa o presidente federativo constancia formal e directa de que Pressboxes desexaba producir A TODO RALLY! desde días antes da celebración do Rali de Noia. Foi tempo suficiente para que mesmo tramitasen as nosas licenzas de prensa sen poñer ningunha obxección ao proxecto. A que esperaban entón?, a ver as nosas prestacións para decidir se nos poñían unha brida?, a cobrar 200 euros polas nosas acreditacións para logo non deixarnos facer o traballo? Existindo, como din, eses supostos dereitos, non sería mellor comunicalo no momento no que nos puxemos en contacto inicialmente coa FGA e evitar esta situación?, que lles fixo cambiar de idea?, por que non existe ningunha vontade de solucionalo, cando do que se trata é de dar a maior repercusión posible a este deporte e a quen o practica? Pedímosvos desculpas a todos por cortar deste xeito a emisión dos programas en TVG. Queremos agradecer ao ente público de radio e televisión a súa predisposición cara ao noso proxecto, dándonos todo tipo de facilidades desde o primeiro momento. É de recoñecer a confianza que mostraron connosco e o seu apoio nun intento de solucionar esta inexplicable situación. Por experiencia sabemos que non todas as televisións levan a cabo esta filosofía de traballo e colaboración con produtoras. TVG quixo envorcarse cos rallyes, así como a Xunta de Galicia, a Secretaria Xeral para o Deporte ou a Academia Galega de Seguridade, elaborando incluso o xa coñecido anuncio "Nos rallys disfruta con seguridade" para o que nos encargaron a súa produción. O automobilismo devolve así esa atención mostrada polos organismos públicos, antepoñendo a impotencia e caprichos persoais ao interese xeral deste deporte. E logo queixarémonos de que os medios non dan cobertura ao deporte do motor... A pesar de todo trataremos de solucionar esta situación, e mentres se arranxa seguiremos facendo o noso traballo co A TODO RALLY! a través internet. Aquí deixámosvos o quinto capítulo. Ao longo desta fin de semana teredes todos os capítulos á vosa disposición na web www.atodorally.com Grazas a todos

Ver más

Comentario

Your email address will not be published. All fields are required.

Video author:
atodorally
24 videos
0comentarios
Other videos by atodorally:
Colonize Mars
44:26
8
0
0
Gústame(0)Non me gusta(0)